top of page
Rechercher
Photo du rédacteurinspireassociation

Un IGLOO en Espagne !

Dernière mise à jour : 21 août 2021


Après deux mois de navigation à la voile de la France vers le Groenland, le passage du détroit de Gibraltar et le Portugal, nous voici en Galice, Espagne, avec notre spectacle embarqué "IGLOO-Rêve éveillé sur la banquise". Dans les circonstances actuelles, quelle joie de pouvoir le jouer !


Version plein air pour cette représentation organisée par l association INSPIRE et la municipalité de Pontedeume.



Une interview sur Radio Voz et et un bel article au matin dans le journal Voz de Galicia 😉


Prochain rendez-vous au Pays Basque !

À bientôt !



Photo José Pardo


Oijha e Philippe levan arte ata os recunchos máis afastados no seu barco de vela


Os franceses Oijha e Philippe proceden de Normandía e de Córsega, respectivamente, e estes días están atracados en Mugardos porque levan consigo o espectáculo Igloo, celebrado onte en Pontedeume. A súa historia é algo fóra do común, pois a parella coñeceuse en Groenlandia, nin máis nin menos, cando os dous decidiron cambiar o rumbo das súas vidas e abandonar os ritmos do mundo moderno. Xuntos embarcáronse nunha travesía que lles permite reunir as súas paixóns mentres percorren os lugares que máis lles interesan.


Philippe soñou dende neno con coñecer o estreito de Bering, con visitar Alaska e avistar osos polares. Tomou a iniciativa hai xa dez anos de deixar Francia e marchar de viaxe ao Ártico cuns amigos. Antes xa pasara doce anos no Brasil (proba disto é o seu perfecto portugués). Resolveu mercar un remolcador que pertencera á mariña nacional francesa e que acondicionou para facelo máis sostible. Alá onde ían amosaban á xente como era a vida no barco: puxeron paneis solares, instalaron un muíño e empregaron pintura ecolóxica, entre outras moitas eleccións que fixeron para volvelo respectuoso co medio.


Entón, Philippe pensou no illadas que están algunhas zonas do globo, especialmente no hemisferio norte, e no marabilloso que sería levarlles actuacións e espectáculos en directo. Decidiu establecer unha residencia artística en Groenlandia, onde convidarían a oito artistas de distintas disciplinas: músicos, escultores, escritores... «Pensei que sería interesante ver como poden crear nun ambiente tan distinto, onde case sempre é noite».


O proxecto lévase facendo catro anos e grazas a el coñeceu a Oijha, a súa actual parella e compañeira de viaxe. Cambiaron o remolcador por un barco de vela e agora chegaron a Galicia, animados por dous ferroláns que tiveron interese pola súa historia, Juan Veiga e o seu sobriño.


Pola súa banda, Oijha tomara a mesma iniciativa ca Philippe de escapar dunha vida que se lle facía rutineira. Estudaba Dereito na Sorbonne, pero quería ser artista conceptual. Actualmente é Doutora en Dereito internacional Antártico pola Universidade de Nantes, mais as súas principais ocupacións son a investigación e a creación nas súas diversas inquedanzas como bailarina, poeta e artista plástica. Leva tamén a asociación Inspire, que promove actividades culturais, artísticas e de meditación. En definitiva, é unha muller polivalente e unha artista polifacética; conseguiu a residencia no Ártico porque a súa proposta destacou entre as doutros douscentos candidatos: ela quería pintar con tinta de calamar e facer do xeo o seu lenzo, pasar o inverno ártico e ver a aurora boreal.


O espectáculo que ofrece mentres viaxan no barco veleiro foi concibido en Groenlandia, e onte puideron disfrutar del os eumeses que se achegaron ao mercado de abastos, onde tivo lugar a performance de Igloo. É un espectáculo tranquilo que transmite paz, segundo explican. «A vida no Ártico ten un ritmo máis lento e natural, por así dicilo. Na vida moderna non hai tempo, faltan poesía e felicidade», afirman.


O inverno é duro e longo no Ártico, así que a parella gala quedará en Francia tras dar volta á Península Ibérica. Oijha planea botar un tempo en Reunión, onde constrúe unha «casa da poesía».





49 vues0 commentaire

Posts récents

Voir tout

Kommentare


bottom of page